|
Programa 2012. |
PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA O ANO 2012 Ver o programa detallado e mais actualizado na sección de actividades. 18 de Febreiro: “Cea-Asemblea” no restaurante do hotel NH Atlántico. 21 de Febreiro: “O entroido de Cobres”. Hai xa once anos que estivemos neste animado e colorista carnaval da provincia de Pontevedra, no que madamas e galáns son os seus protagonistas, polo que xa e hora de repetir. Previamente visitaremos o Centro de Interpretación das Torres Arcebispais, en Pontevedra. 25 de Marzo: “A xeira de Pancho”. Como cada ano Pancho Gallego propón unha ruta inédita na que amosará aspectos descoñecidos do noso patrimonio. 20-21 de Abril: “O Parque Natural de Enciña da Lastra”. Fin de semana para coñecer o máis lonxano parque natural de Galicia, nunha zona lindante con León: aciñeira de Covas, penedos de Oulego, Rubiá, etc. 11-20 de Maio: “Cartagena, cabo de Gata y La Mancha”. Xeira de nove días e medio na que visitaremos Albacete, Chinchilla de Montearagón, Novelda, Orihuela, Cartagena -onde veremos o Teatro Romano ou o Museo Nacional de Arqueología Submarina-, Murcia, o Parque Minero de la Unión, cabo de Gata, as Lagunas de Ruidera, Almagro –Corral de Comedias e Museo Nacional del Teatro-, a praza maior de San Carlos del Valle, o xacemento de Motilla de Azuer ou o Parque Nacional de Las Tablas de Daimiel. 9 de Xuño: “Os castros da Lanzada e de Ribadumia”. Unha xeira polo Salnés onde ademáis destes xacementos arqueolóxicos veremos tamén algo de románico e beberemos algo de viño. 30 de Xuño: “Sardiñada tradicional”. Como en anos anteriores terá lugar en Vimianzo. Aproveitaremos tamén para visitar o dolmen de Dombate. 21 de Xullo: “Observando estrelas”. Propoñemos para esta data unha visita nocturna ao Observatorio Astronomico de Forcarei. Previamente visitaremos o mosteiro de Acibeiro. 8 de Setembro: “O parque arqueolóxico de San Cibrán de Lás”. Esperamos que nesta data este aberto o segundo dos Parques Arqueolóxicos de Galicia, dedicado neste caso ao mundo castrexo. 10-14 de Outubro: “País Vasco”. Inédita viaxe de catro días e medio, na que principalmente seguiremos a liña de costa, visitando Balmaseda –Museo de Boinas La Encartada-, El Pobal, San Juan de Gaztelugatxe, Getaria –Museo Cristóbal Balenciaga-, Zarautz, Zerain, Zestoa, onde veremos a magnífica réplica da cova de Ekain-, Igartza, San Sebastián, Irún… 10 de Novembro: “Lugo romano”. Novos descubrimentos e equipamentos van aparecendo en Lugo. Aproveitaremos para coñecer os restos do templo de Mitra aparecidos baixo o edificio do Vicerrectorado, o novo Museo Interactivo da Historia de Lugo ou o Centro de Interpretación da Muralla. 29 de Decembro: “Tradicional xeira dos Beléns”. Como cada ano remataremos o programa coa tradicional visita a un Belén Tradicional. |
|
|
| |