Actividades 2014.
 

Data da última actualización: 09/01/2015


O belén artesanal de Rubiá".  

  Día: 20 de Decembro (sábado)


Como remate do programa anual celebraremos a nosa tradiconal xeira de Nadal para visitar un Belén artesano, neste caso na comarca de Valdeorras. Xantaremos unha comida de festa, pouco habitual, antes de visitar pola tarde un museo de xeoloxía particular que explicará a seu creador, e tamén se non chove veremos unha antiga mina. Procuraremos non chegar demasiado tarde. Hora de saída: 9,00 horas dende as paradas habituais.
.


Segredos do Deza".  

  Día: 15 de Novembro (sábado)

Unha xeira na que nos centraremos no concello de Rodeiro, cun interesante Museo Municipal, e varias igrexas con fermosos elementos románicos como Asperelo, Carboentes ou San Xoán de Camba.
Tamén serán obxectivos da xeira a igrexa de San Román de Santiso ou o rehabilitado pazo de Liñares, ambos no concello de Lalín e procuraremos disfrutar dun magosto.
Hora de saida: 9,00 horas dende as paradas habituais.


Bierzo inédito".  

  Día: 11 de Outubro (sábado)

Unha xeira para visitar un novo espazo, o Museo Nacional da Enerxía, en Ponferrada, que veremos pola mañá. Despois de xantar coñeceremos algúns lugares moi cercanos polos que normalmente non se viaxa: igrexa de Santa Columba, en Villar de los Barrios, aldea que conserva tamén varias casas blasonadas; a capela da Visitación, en Salas de los Barrios, con un espléndido retablo do século XVI; o Museo do Carro, en Villanueva de Valdueza; e se o noso autocar ten acceso, a árbore máis impresionante de España: o teixo de San Cristóbal de Valdueza.
Hora de saida: 8,00 horas dende as paradas habituais.


Terra de Trasancos medieval e arqueoloxía industrial na ría de Ferrol".  

  Día: 7 de Setembro (domingo)

 

Guiada por Pancho Gallego, nesta xeira visitaremos San Martiño de Xubia, Santa María de Brión, a capela gótica de Serantes, o Santuario de Chamorro, etc. Tamén o Casino no propio Ferrol, e o dique da Graña. Pola tarde a Presa do Rei e o muiño de Xubia entre outras cousas.
Salida as 9:00 dende as paradas habituais.

 Programa en PDF


Ruta conserveira e sardiñada".  

  Día: 18 de Xullo (venres)

Durante esta xornada coñeceremos unha das máis novidosas iniciativas postas en marcha nos derradeiros meses. Encontrarémonos con noso guía ás 10,30 horas na Pobra do Caramiñal para subir de contado ao Miradoiro da Curota. A continuación visitaremos unha fábrica de conserva para ver todo o proceso de elaboración, que rematará cunha degustación de productos. Xantaremos na Pobra do Caramiñal, para disfrutar dunha sardiñada acompañada de empanada, postre caseiro, viño, café...
Pola tarde visitaremos o Parque de San Roque, en Ribeira, o Miradoiro da Rá, o Parque Natural de Corrubedo e remataremos cun paseo polo casco vello da Pobra do Caramiñal.
Hora de saída: 8,30 horas dende as paradas habituais.


A provincia de Cuenca".  

  Día: 20 a 24 de Xuño

Nesta xeira de cinco días de duración achegarémonos ata Cuenca onde visitaremos os lugares más destacados desta provincia, co seguinte programa:

             Día 20, venres: Hora de saída: 8,00 horas dende o Obelisco. Dedicaremos esta xornada para chegar ao noso destino, haberá algunha visita cultural pero o feito máis destacado do día será o xantar: cochinillo en Arévalo. Cea e aloxamento no hotel Leonor de Aquitania, en Cuenca.
            Día 21, sábado: pola mañá, da man dun guía local, visitaremos os máis destacados lugares da cidade: catedral, museo Diocesano, casas colgadas, ponte de San Pablo…; a continuación iremos a xantar ao Parador de Alarcón, que ocupa un fermoso castelo. Despoís visitaremos a igrexa de San Juan Bautista, decorada íntegramente con frescos do pintor Jesús Mateo, que goza xa dun recoñecemento por parte da Unesco. De regreso a Cuenca percorreremos o xacemento arqueolóxico de Valeria, nun entorno de gran beleza, dominando a impresionante Hoz do Río Gritos. Cea por libre e aloxamento no hotel Leonor de Aquitania.
            Día 22, domingo: durante a mañá faremos dúas visitas. A primeira delas terá lugar no mosteiro de Uclés, chamado o Escorial de La Mancha; e de seguido veremos o Parque Arqueolóxico de Segóbriga, un extraordinario xacemento romano, centro da explotación do lapis specularis. Xantaremos nun restaurante de Saelices para visitar a continuación a igrexa de San Pedro Apóstol, en Villaescusa de Haro, que ten na capela da Asunción unha das obras culminantes da arte peninsular; e o castelo de Belmonte, que conserva magníficos artesoados. Cea por libre e aloxamento no hotel Leonor de Aquitania.
            Día 23, luns: desprazarémonos ata Lupiana, na provincia de Guadalajara, para ter a posibilidade de admirar o claustro do antigo mosteiro de San Bartolomé, unha das obras culminantes do Renacemento español, actualmente en mans privadas, que só pode visitarse os luns pola mañá. A continuación achegarémonos ata Valdeolivas, que ten unha igrexa románico con excelentes frescos. Logo de atravesar a fermosísima Hoz de Beteta, xantaremos na vila do mesmo nome. Pola tarde pasearemos por dous lugares de extraordinaria beleza: o nacemento do río Cuervo e a Cidade Encantada. Cea e aloxamento no hotel Leonor de Aquitania, en Cuenca.
            Dia 24, martes: xornada de retorno á nosa cidade. Pola mañá visitaremos en Alcalá de Henares dous lugares de gran interese e moi descoñecidos, o palacio de Laredo e a igrexa de San Juan de Avila, obra do enxeñeiro uruguaio Eladio Dieste. Xantaremos de camiño nun lugar todavía por determinar.

O Parque arqueolóxico de San Cibrán das Las".  

  Día: 31 de Maio: (cambio hora de saída)

Despois de anos de espera xa está inaugurado o segundo dos parques arqueolóxicos de Galicia, que visitaremos pola mañá. Ademáis do Centro de Interpretación faremos unha visita guiada polo imponente castro que comparten os concellos de San Amaro e de Punxín. Xantaremos en Ourense onde veremos tamén o restaurado Pórtico do Paraíso da catedral e a Escolma de Escultura que amosa as melloras pezas do Museo Arqueolóxico, situada xunto ao cemiterio de San Francisco. E se fose posible iríamos tamén ata a igrexa de San Miguel de Moreiras, no concello de Toén. Hora de saída: 9,00 horas (para evitar as altas temperaturas durante a visita do castro) dende as paradas habituais.


Asamblea Xeral Ordinaria e Cea do Socio".  

Día: 10 de Maio:

A Asemblea Xeral Ordinaria terá lugar o vindeiro día 10 de Maio, sábado, no Hotel NH Atlántico, en A Coruña, as 20,30 horas do serán en primeira convocatoria, e as 21,00 horas en segunda convocatoria. Seguidamente a tradicional cea do socio.

 Programa en PDF


O Románico do Vale de Sousa".  

Días: 1-4 de Maio:

Unha intensa xeira para coñecer polo miúdo os principais edificios románicos deste fermoso val portugués. Da man dun guía local visitaremos entre os días 2 e 3 as igrexas de Sao Vicente de Sousa, San Salvador de Unhao, Santa María de Airaes, Sao Mamede de Vila Verde, San Pedro de Ferreira, Salvador de Paço de Sousa, Sao Pedro de Cete ou Sao Pedro de Abragao.
Nos traxectos de ida e de volta visitaremos o magnífico xacemento castrexo-romano de Tongóbriga, en Freixo; e o marabilloso Museu Municipal de Penafiel.
Durmiremos as tres noites en Penafiel e haberá unha cea por libre (a do día 2) para disfrutar do ambiente da vila.
Hora de saida: 8,00 horas do día 1 dende o Obelisco (única parada).

 Programa en PDF


A Xeira de Pancho".  

Día: 6 de Abril (domingo):

Unha nova proposta de Pancho Gallego que nos levará nesta ocasión ata terras ourensáns para coñecer dous lugares de gran beleza e orixinalidade. Pola mañá veremos o retablo da igrexa de Santa Tegra de Abeleda, e de seguido as ruinas do mosteiro de San Paio de Abeleda, acompañados por un membro da asociación "O Sorriso de Daniel". A continuación visitaremos a necrópole rupestre medieval de San Vitor de Barxacova, onde seremos guiados polo director da intervención arqueolóxica, Eduardo Breogán Nieto. O lugar ten un emprazamento excepcional pero para chegar ata alí haberá que camiñar uns 15 minutos por un sendeiro polo que hai que levar un calzado cómodo.
Xantaremos en "A Fábrica de Luz", unha antiga central rehabilitada para pasear logo camiñando por unha pasarela de madeira de quilómetro e medio de longo.
Na viaxe de volta pode que nos achegemos a Castro Caldelas ou ben que visitemos o rueiro de Cristosende e o cruceiro de Lumeares.
Saida: 8,00 horas desde as paradas habituais. Programa en PDF


Os troiteiros de Bande".  

Día: 2 de Marzal (domingo):

A nosa xeira anual de Entroido levarános ata Bande, en Ourense, para coñecer unhas personaxes chamadas troiteiros, recuperadas nos derradeiros anos pero que gozan xa dun gran predicamento. Aproveitaremos tamén para coñecer algúns dos máis importantes bens mobles conservados nas igrexas da Limia como Abavides, Rairiz de Veiga ou Sabucedo de Porqueira.
Hora de saída: 8,30 horas dende as paradas habituais

 

O Museo de Pontevedra".  

Día: 8 de Febreiro (sábado):

Ocuparemos media xornada para ver polo miúdo esta institución que acolle as mellores coleccións artísticas de Galicia con pezas excepcionais como o esteo pintado do dolmen de monte dos Marxos, o tesouro de Caldas, os dous apóstolos procedentes do Pórtico da Gloria, o tímpano de Palmou, o retablo gótico de Belvís... O resto do día visitaremos a igrexa de San Pedro de Rebón, en Moraña, con excepcionais capiteis e canzorros románicos, ademáis de dous paneis dun antigo baldaquino, e o perto de Vigo, o Meirande, centro de interpretación dedicado á batalla de Rande. Hora de saída: 9,00 horas dende as paradas habituais.

Data da última actualización: 09/01/2015



Pezas do Museo Arqueolóxico
Detalle do colgante do colar articulado de Elviña.