Actividades 2011.
 

Data da última actualización: 09/01/2015


Tempo de Nadal".  

 Día: 17 de Decembro (sábado):

Ainda que o tenista é o que está de moda,  esta xornada
está dedicada á tradicional xeira de fin de programa. Comezaremos coa visita ao Belén Popular Asturiano de La Caridad, no occidente asturiano. A continuación achegaré-
monos ata San Martiño de Mondoñedo, igrexa na que nos
últimos anos foron descubertas unhas magníficas pinturais
murais románicas. Completaremos a xornada visitando o
Conxunto Histórico de Sargadelos, co seu museo, e rema-
taremos con outro Belén, o da igrexa parroquial da Rigueira,
no concello de Xove.
 Hora de saída: 8,00 horas desde as paradas habituais.

O segredo mellor gardado de Galicia".  

 Día: 19 de Novembro:

A penúltima xeira do ano ten como destino as terras da Golada, na provincia de Pontevedra, e como obxectivo principal, coñecer a igrexa de San Xulián de Ventosa, edificio románico que garda no seu interior unha sorpresa monumental, o sepulcro do abade Lope de Ventosa e, sobre todo, un fermosísimo baldaquino do século XV, desmontado e adosado ás paredes da nave, con tallas de gran beleza. Conserva ademais restos de pintura mural.
A xornada inclue ademáis a visita ao Museo da Terra de Melide, nun edificio que foi Hospital de Peregrinos; á igrexa de San Miguel de Goiás, no concello de Lalín, e os Pendellos da Golada, un recinto feiral do século XVIII, íntegramente restaurado, que foi incluido polo escritor Juan Eslava Galán, entre os 1000 sitios que ver en España alomenos unha vez. Se todo vai ven xantaremos noutro lugar moi especial, o pazo de Eidián.
Hora de saída: 9,00 horas desde as paradas habituais.

Viaxe a Atapuerca".  

 Días: 6 a 9 de Outubro:

Saída ás 16,00 horas do día 6 (xoves) dende o Obelisco (única parada). 
Programa de visitas:
Día 7: pola mañá faremos unha visita guiada do xacemento de Atapuerca, e aprenderos cousas do Homo Antecessor e do Homo Heidelbergensis, así como dos achados atopados nas sucesivas campañas de escavación.
Pola tarde visitaremos o impresionante Museo de la Evolución Humana, en Burgos, no que veremos, entre outras cousas, todos os fósiles e pezas localizadas en Atapuerca. Comida, cea e aloxamento en Burgos.
Día 8: Visita de día completo á cidade de Burgos, da man dun guía local, para profundizar no máis descoñecido patrimonio da cidade: igrexas de San Gil, San Nicolás ou San Lesmes, Museo de Burgos, Museo del Retablo, etc.,
Ao longo do día o se acaso o día seguinte achegarémonos ata Los Balbases, unha pequena vila non lonxe da cidade, que ten na igrexa de San Esteban un reclamo moi interesante. Comida, cea e aloxamento en Burgos.
Día 9: Esperamos poder visitar a visita das minas de Puras de Villafranca, en Belorado, no Camiño de Santiago. Son minas de manganeso acondicionadas para o turismo. Logo de xantar iniciaremos o camiño de regreso á nosa cidade, á que chegaremos arredor das 22,00 horas.

Visita nocturna ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro".  

 Día 3 de Setembro:

Hora de saída: 17,00 horas, dende as paradas habituais. En primeiro termo visitaremos o Centro de Intepretación da Arte Rupestre, onde veremos a exposición permanente, nun edificio que xa coñecimos o ano pasado. A cea terá lugar no propio centro, servida polo restaurante "Casa Tito". A partires das 22,00 horas comezará o paseo nocturno polas distintas estacións rupestres para os magníficos petroglifos do parque con luz rasante, cunha duración aproximada de dúas horas. Logo da visita regresaremos xa de madrugada á nosa cidade. Unha experiencia que esperamos resulte inolvidable.
 

“Xeira Marítima ao Cabo Ortegal".

 Suspendido
 

O Concello de Cariño, por mor da tan traída crise, retirou a subvención destinada ao programa "Aula do mar" no que se facían rutas marítimas a bordo do Artal ata o cabo Ortegal e os cantís de Herbeira, que nos tiñamos reservada dende hai dous meses.



“A Festa dos Tabuleiros de Tomar".

Días 8 - 10 de Xullo:

Hora de saída: 8,00 horas dende o Obelisco.
O venres visitaremos pola mañá a cidade de Braga, onde prestaremos especial atención á súa Sé, á capela dos Coimbras, ao Museo dos Biscainhos, e ao Chafariz dos Castelos. Logo de xantar achegarémonos ata a citania de Briteiros, un dos máis imponentes castros de Portugal. Cea e aloxamento en Coimbra.
O sábado faremos unha xeira de día completo para visitar Tomar e seu impresionante Convento do Cristo, que é Patrimonio da Humanidade, se ben o obxectivo desta xornada é disfrutar da afamada Festa dos Tabuleiros, que se celebra cada catro anos, na que mulleres vestidas de branca levan enormes pezas na súa cabeza adornadas con flores, prantas e espigas, rematadas cunha coroa. Outros lugares que procuraremos ver son a Sinagoga e a igrexa de Sao Joao Baptista. Cea e aloxamento en Coimbra.
O domingo pola mañá visitaremos en Coimbra algúns lugares que quedaron pendentes o ano pasado, como o interior da Sé Velha ou o criptopórtico romano do Museu Nacional Machado de Castro, e nos arredores da cidade a vila romana de Rabaçal co seu museo monográfico. Xantaremos á beira do río Mondego e despois regresaremos á nosa cidade á que chegaremos arredor das 22,00 horas.

“Sardiñada tradicional".

Día 25 de Xuño:

Hora de saída: 9,00 horas, dende as paradas habituais. Celebraremos este acto festivo en Vimianzo onde se o tempo acompaña disfrutaremos dun xantar ao aire libre. Como non todo vai ser comer visitaremos o Museo de Bergantiños en Carballo ou o Centro de Interpretación dos Muiños de Auga en Golmar, no concello de Laracha. Pola tarde podemos achegarnos ata Laxe para ver o Museo de Mar ou a igrexa de Santa María da Atalaia. Todos os asistentes recibirán en primicia o novo número da revista.

“Las Edades del Hombre". (Aprazado)

Días 3 - 5 de Xuño:

 

Acudimos a unha nova edición desta serie de exposicións sobre o patrimonio das dióceses de Castilla y León. Hora de saída: 16,00 horas do venres día 3, ás 16,00 horas para cear e durmir en Toro.
O día 4 visitaremos pola maña a sede de Medina de Rioseco na igrexa de Santiago, onde temos concertada á visita ás 10,30 horas. También veremos nesa vila o Museo de San Francisco, no convento do mesmo nome. Xantaremos en Medina de Rioseco para ir pola tarde ata Medina del Campo, onde temos concertada a visita ás 17,30 horas, na tamén na igrexa de Santiago. Cea e aloxamento en Toro.
O día 5 faremos unha visita guiada a cidade de Toro, con interesantes monumentos que non visitáramos en viaxes anteriores. Xantaremos en Toro antes de regresar á nosa cidade.

“GIRONA E VAL DE BOI".

 Días 13-22 de Mayo:

PROGRAMA:
TahullDía 13 de maio, venres
: Sairemos ás 15,30 horas. Cea e aloxamento en Burgos.
Día 14 de maio, sábado
: A mañá estará dedicada ao desprazamento ata Lleida para xantar nesa cidade. Pola tarde visitaremos a súa fermosa catedral románica e algún outro punto da cidade. Cea e aloxamento en Boi.
Día 15 de maio, domingo
: Pola mañá visita guiada das igrexas románicas do val de Boi: Santa María e Sant Climent de Taüll, Sant Joan de Boi e Santa María d’Erill la Vall, declaradas patrimonio da humanidade. Xantaremos nun restaurante da zona antes de continuar ata Girona (un traxecto que leva unhas 4 horas). Cea e aloxamento en Girona.
Día 16 de maio, luns
: Excursión ao Val de Núria ao que se accede mediante un tren cremalleira. Logo de xantar baixaremos ata o Parque Volcánico da Garrotxa para realizar un paseo ata o impresionante volcán Croscat. Cea e aloxamento en Girona.
Día 17 de maio, martes
: Visita guiada da cidade que faremos a pe, para ver a catedral e seu museo que garda o fermoso tapiz románico da Creación, o Museu d’Art, a igrexa de Sant Pere de Galligans, os Banys Arabes, a igrexa de Sant Feliu e o barrio xudeu. Comida, cea e aloxamento en Girona.Girona
Día 18 de maio, mércores
: Pola mañá visitaremos en Figueres o Museu Dalí. Continuaremos ata Cadaqués, fermosa vila mariñeira onde terá lugar o xantar. Pola tarde visita do espectacular mosteiro románico de Sant Pere de Rodes e do Cap de Creus. Cea e aloxamento en Girona.
Día 19 de maio, xoves
: Pola mañá visitaremos a ruinas greco-romanas de Empuries e de seguido achegarémonos ata L’Estartit, onde embarcaremos no Nautilus para navegar polas Illas Medes. Logo de xantar faremos pola tarde unha excursión polas máis típicas vilas de comarca, como Pals ou Peratallada. Cea e aloxamento en Girona.
Día 20 de maio, venres
: Dedicaremos a xornada para coñecer algunha das xoias do románico catalán como Sant Joan les Fonts, Sant Joan de les Abadessas ou Santa María de Ripoll. Xantaremos en Besalú, espléndido enclave medieval onde visitaremos a súa ponte e o mikwá, un baño xudeu. Tamén nos achegaremos ata a fermosa vila de Santa Pau. Cea e aloxamento en Girona.
Día 21 de maio, sábado
: Principamos a nosa viaxe de retorno. Durante o percorrido visitaremos as ruinas de Belchite, na provincia de Zaragoza, destruido durante a Guerra Civil. Xantaremos en ruta. Cea e aloxamento en Logroño.
Día 22 de maio, domingo
: Xornada de retorno a casa na que procuramemos visitar algún lugar que sexa de interese. Xantaremos en ruta.


“Arqueoloxía nas terras do Incio".

 Día 30 de Abril:

S.Pedro do IncioHora de saída: 8,00 horas. Xeira na que da man de Pancho Gallego achegarémonos ata estas terras da provincia de Lugo para coñecer dous asentamentos de gran interese: o castro de Formigueiros, escavado nos últimos anos con achados sorprendentes, que conta con cinco murallas e estivo habitado durante máis de 1.000 anos; e a impresionante necrópole megalítica de Santa Mariña, integrada por máis de corenta mámoas, das que se conservan varias cámaras. O xantar terá lugar en algún restuarante do Incio. Tamén visitaremos en Hospital de Incio a fermosa igrexa románica de San Pedro Fiz, edificada co sonado mármore azul do Incio, e o templo de Santa María do Mao, cun orixinal atrio. Com remate, se o tempo o permite camiñaremos durante 4-5 quilómetros á beira do río Cabe para chegar ata a aldea de Ferreira con seu vello balneario de augas ferruxinosas. Esta última travesía é opcional pois o que non teña folgos terá a posibilidade de chegar no autobús ata Ferreira


“Patrimonio e paisaxe do país do Deza".

 Día 9 de Abril:

Fraga de CatasósHora de saida: 9,00 horas dende as paradas habituais. Nesta xeira combinaremos a paisaxe, visitando a  Fraga de Catasós, monumento natural de Galicia, que conserva os castiñeiros más altos de Europa, e o bosque de Cascaxide, situado detrás do pazo do mesmo nome,  gañador do premio como Bosque do Ano concedido polo ministerio de Medio Ambiente no ano 2008; e o patrimonio, pois visitaremos tamén o mosteiro de Carboeiro, cada día con máis cousas que ofrecer, a igrexa de Santiago de Breixa, cos mellores capiteis do románico galego, e algúns museos do concello de Lalín, como o Museo Municipal, que lembra ao astrónomo Aller Ulloa e ao pintor Laxeiro, o Museo Galego da Marioneta ou o Museo Etnográfico Casa do Patrón, éste na parroquia de Doade.
Hora de regreso, arredor das 21,00 horas.

“O Entroido de Sarreaus".

 Día 6 de Marzo:

A diferencia das xeiras que habitualmente celebramos por Galicia á saida terá lugar ás 8,00 horas é será en domingo. Seguiremos coñecendo os carnavais da nosa xeografía e nesta ocasión achegarémonos ata Sarreaus, para ver este entroido no que as personaxes protagonistas son os vergalleiros que lucen, ao igual que outras celebracións da provincia de Ourense, vistosas máscaras. Xantaremos un típico cocido deste tempo e ao longo do día esperamos visitar dúas interesantes igrexas do concello de Xinzo de Limia: San Pedro de Laroá, cun retablo de Moure, e San Xoán de Seoane, con fermosas pinturas murais. E por último visitaremos a aldea de Couso, no concello de Sarreaus, recuperada para o turismo rural cunha rehabilitación integral obxecto dunha forte controversia.

“O Románico nas terras do Ulloa".

 Día 19 de Febreiro:

Arco triunfal iglesia de ValboaSairemos ás 9,00 horas das parada habituais para facer un percorrido por distintas igrexas románicas da comarca da Ulloa, como Vilar de Donas, que posúe ademáis boas pinturas murais, un retábulo pétreo e diversos sartegos; Valboa, con magníficos capiteis no seu arco triunfal; e Novelúa, cun interesante pórtico. O xantar terá lugar nunha casa rural de Monterroso ou Palas de Rei. Pola tarde visitaremos o castelo de Pambre, por fin accesible, e achegarémonos ata o pazo de San Miguel das Penas, propiedade da casa ducal de Medinaceli, ainda que teremos que conformarnos cunha visita exterior pois de momento non permiten ver as pinturas murais que de carácter profano, decoran os muros interiores da torre.


Data da última actualización: 09/01/2015



Pezas do Museo Arqueolóxico
Detalle do colgante do colar articulado de Elviña.