|
|
|
“Cartagena,
Cabo de Gata, La Mancha".
Días:
11-20 de Maio:
Xeira de nove días e medio na que combinaremos a arqueoloxía coa paisaxe, o modernismo e a arquitectura popular, na que visitaremos, entre outros lugares, Albacete, Chinchilla de Montearagón, Cartagena, La Unión, cabo de Gata, Novelda, Alicante, as Lagunas de Ruidera, Almagro, San Carlos del Valle, e o Parque Nacional de Las Tablas de Daimiel.
Programa:
Día 11, venres: Saída do Obelisco (única parada), ás 15,30 horas, para cear e durmir en Pinto (Madrid), no hotel Egido Plaza de Santiago.
Día 12, sábado: visitaremos Albacete, onde veremos o Museo Provincial, cunha magnífica colección arqueolóxica, e o Pasaje Lodares. Comida na cidade manchega antes de marchar cara á Chinchilla de Montearagón, que visitaremos brevemente.
Cea e aloxamento no hotel Carlos III de Cartagena.
Día 13, domingo: pola mañá visitaremos La Unión, moi perto de Cartagena, para ver o impresionante interior do antigo Mercado Público e o Museo del Cante de las Minas. Antes de xantar temos concertada unha visita ao Museo Escolar de Pusol, perto de Elche.
Pola tarde retornaremos a Cartagena para poder ver o castelo da Concepción e o xacemento do Barrio do Foro Romano. Cea e aloxamento en Cartagena.
Día 14, luns: xornada dedicada a disfrutar da paisaxe. Veremos a Cidade Encantada de Bolnuevo e o Parque Natural de Cabo de Gata. Xantaremos en Níjar, unha das máis fermosas vilas de Almería. Cea e aloxamento en Cartagena.
Día 15, martes: percorrido a pe pola cidade de Cartagena. Temos concertadas varias visitas, que faremos da man dun guía local: Teatro Romano, Ayuntamiento, Museo Nacional de Arqueología Subacuática, Centro de Interpretación de la Muralla Púnica. E como remate da xornada embarcaremos durante unha hora para ver dende o mar as fortificacións da baía. Cea e aloxamento en Cartagena.
Día 16, mércores: durante esta xornada iremos a Novelda, onde veremos a Casa-Museo Modernista e o santuario de Santa María Magdalena. En Alicante visitaremos o MARQ (Museo Arqueológico) para ver a exposición temporal “El Tesoro de los Bárbaros”, con excepcionais pezas de orfebrería procedentes de Alemania. Xantaremos en Alicante.
Pola tarde veremos o fascinante xacemento ibero-romano de Illeta dels Banyets, El Campello, situado ao norte de Alicante. Cea e aloxamento en Cartagena.
Día 17, xoves: aproveitaremos este día para desprazarnos ata La Mancha. Gozaremos da paisaxe das Lagunas de Ruidera, onde terá lugar o xantar. Pola tarde pararemos en San Carlos de Valle, para coñecer unha das máis fermosas prazas maiores de España. Cea e aloxamento no hotel Guadiana, en Ciudad Real.
Día 18, venres: pola mañá percorreremos Almagro, onde ademáis da praza maior, visitaremos o Corral de Comedias e o Museo Nacional del Teatro. Logo de xantar na vila, pola tarde visitaremos o xacemento ibero de Cerro de las Cabezas, para retornar a Ciudad Real, onde haberá algo de tempo para ver a cidade. Cea e aloxamento en Ciudad Real.
Día 19, sábado: haberá que madrugar un pouco pois hai que estar ás 8,30 horas no Parque Nacional de Tablas de Daimiel, onde faremos un percorrido por zonas non accesibles ao turismo habitual, pois en 4x4 nos meteremos nas zonas máis profundas do parque e ademáis daremos un paseo da man dun guía. Xantaremos en Daimiel. Duración da activide: 5 horas.
Pola tarde visitaremos o Museo Comarcal de Daimiel para saber algo das escavacións realizadas en Motilla de Azuer, excepcional xacemento que non será posible visitar. Cea e aloxamento en Ciudad Real.
Día 20, domingo: xornada de retorno. Pararemos para xantar en Tordesillas. Esperamos estar de volta nas nosas casas ás 21,30 horas.
|
|
|
|
|
|
“O
Parque natural de Enciña da Lastra".
Días:
21-22 de Abril:

Hora de saída: 8,00 horas, desde o Obelisco (única parada). Xeira de fin de semana para percorrer o máis descoñecido parque natural de Galicia. Faremos noite no hotel "El Ciervo", no municipio da Veiga. O sábado faremos unha primeira parada na Aula da Natureza do parque, na aldea de Biobra, e a continuación visitaremos a adega Godeval, no restaurado mosteiro de Xagoaza, moi perto do Barco de Valdeorras, que incluirá unha cata de viño e o xantar nos salóns do mosteiro. Pola tarde vemos o santuario barroco das Ermidas e despois a aldea "pétrea" de Lamalonga, no concello da Veiga, onde o finado Pepe de Barrio desenvolveu unha titánica labor escultórica que encheu de esculturas en pedra todos os rincóns da aldea. Remataremos en Xarés para ver a igrexa neoclásica de Santa María.
O domingo 22 sairemos ás 9,00 horas para estar ás 11,00 no inicio da pequena ruta de 4 km. situada por detras dos fermosísimos Penedos de Oulego. Logo deste paseo que levará unha hora ou hora e cuarto baixaremos ata Covas para ver unha aciñeira impresionante. O xantar terá lugar nun lugar moi especial: no Pazo do Castro, no Barco de Valdeorras, un hotel-monumento que ocupa un edificio histórico do século XVII, no que visitaremos tamén a capela o un pequeno museo etnográfico.
Logo de xantar retornaremos á nosa cidade e veremos algo que sorprenderá aos asistentes.
Hora de chegada: 21,30 horas
|
|
|
|
Viaxes anteriores
|
“A
Xeira de Pancho".
Día:
25 de Marzo (domingo):
Un ano máis Pancho Gallego propón unha xeira con aspectos moi pouco coñecidos.
Pola mañá visitaremos da súa man os castro de Xaz, en Oleiros, e das Travesas, no Mesón do Bento. O xantar terá lugar en Visantoña-Mesía, para ver pola tarde o Centro de Interpretación das Brañas de Valga e as antigas barreiras; os restos dunha calzada romana descuberta o pasado ano; e como remate a visita do santario rupestre de Pena Furada, en Coirós, onde estariamos acompañados polo arqueólogo Antón Malde, director da súa escavación.
Haberá que levar calzado adecuado porque camiñaremos (non moito, eso sí, pero por lugares que poder ter herba alta ou barro). Hora de saída: 9,00 horas desde as paradas habituais.
|
|
|
|
“O
Entroido de Cobres".
Día:
21 de Febreiro (martes):
Hora de saída: 9,00 horas desde as paradas habituais.
Pola mañá faremos unha visita pormenorizada dunha das máis relevantes institucións científicas da nosa comunidade, a Misión Biolóxica de Galicia, que ten a súa sede no pazo de Gandarón, na parroquia pontevedresa de Salcedo. Visitaremos o pazo, a finca, os cultivos, o hórreo, e coñeceremos algo do traballo científico que alí desenvolven, da man do seu director Pedro Revilla.
Xantaremos en Vilaboa, onde non faltarán os típicos productos do Carnaval.
Pola tarde disfrutaremos do singular Entroido de Cobres, que se celebra en dúas parroquias do concello pontevedrés de Vilaboa. É unha celebración moi colorista, na que "madamas" e "galáns" son os grandes protagonistas, cun vestuario moi elaborado, en particular os sombreiros, adornados con flores, cintas, bonecas, etc. Veremos os seus bailes y pasaremos unha xornada moi tranquila pois este é un entroido no que se está a salvo de verse enfariñado ou recibir un zurriagazo.
Hora de regreso: 21 horas.
|
|
|
|
|
Data da última actualización:
17/04/2012
|